oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

COMUNICADO CIG E UXT

QUEREN DESMANTELAR A PLATAFORMA

O día 10 de decembro mantivemos unha reunión coa empresa na que nos comunican coa pouca vergoña á que nos teñen afeitos, que a partir do 11 de decembro deixasen de prestar os servizos de Jazztel e Securitas, e que os traballadores afectados serían todos recolocados en Captación coa xornada que teñen actualmente. Dito isto, e ante a falta de respostas ás nosas preguntas, revelámonos e vímonos na obrigación de manifestar a nosa desconformidade ante os ollos dos nosos compañeiros da quenda de mañá.

Pechan Jazztel e Securitas, cando supostamente estes servizos durarían polo menos un ano, e cando as vendas chegan ao obxectivo, isto demostra que as presións ás que nos someten con moita frecuencia, son unha farsa. Non depende de nós a continuidade dun departamento, depende da incompetencia da Empresa. Dá igual se vendes ou non, porque dun día para outro pon o peche e quedan tan anchos.

Tamén decatamonos polo boletín doutro sindicato, ao que non queremos publicitar, que en Málaga están abrindo novos servizos, grazas por encima a eles, cando existe un acordo en Coruña, de que todos os novos servizos teñen que vir para aquí ata chegar ao persoal de antes do peche do CRC.

Volvemos depender só dun cliente en Coruña e por desgraza todos sabemos que xoga sucio e que lle importan un pito, os traballadores subcontratados, xa que o único que queren é encher as súas arcas.

Polo momento conseguimos polo menos, que todos os traballadores afectados recuperen a xornada que tiñan antes do peche de CRC (de luns a venres) e acadamos uns cantos postos en Front Pemes, Retención e Canle Internet.

Manterémosvos informados

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Deixa unha resposta