Tras as innumerábeis reunións que mantivemos coa empresa para tentar que cumpran o que asinaron e ao que legalmente están obrigados, tivemos que optar pola vía da denuncia posto que estes individuos só aprenden a base castigos, sobre todo cando hai diñeiro polo medio.
UGT E CIG denunciamos ante Inspección de Traballo o seguinte:
- Día de peche da plataforma: A empresa comprometeuse a reunirse co Comité no principio do ano para chegar a un acordo. NON O FIXERON. Finalmente e tras presión pola nosa banda, tivemos unha reunión na que non tragamos coas súas imposicións. Inspección obrigoulles a reunirse no día de hoxe de novo connosco.
- Incentivos Front Pemes: A empresa, como ben sabeis, implantou UNHA BASURA DE SISTEMA DE INCENTIVOS, que supón unha gran perda de poder adquisitivo. Este sistema como outras moitas cousas, foi imposto pola dirección de Eurocen, sen contar co consenso da Representación Legal.
- SISTEMA DE VACACIóNS: Cansos de BURLAS E TOMADURAS DE PELO que esta empresa está a ter cara a todos os traballadores desta plataforma, decidimos interpor denuncia ante Inspección polos abusos que Eurocen esta cometendo e a situación de indefensión na que todos nos atopamos. XA ABONDA DE TENTAR REIRSE DE TODOS NÓS !!!!
- Información dos novos servizos: A empresa néganos a información relativa aos novos negocios en Coruña (Jazztel e Securitas) ou nos facilita INFORMACIÓN FALSA (Mentireiros!). Tras a visita do Inspector de Traballo, constatouse como nos mentiron en algo tan básico como o horario de prestación dos servizos e o número de traballadores, o que afecta á posibilidade de recuperar xornada a todos os que a perdemos.
O COMITÉ DE EMPRESA denunciou:
- O horario de entrega de xustificantes que nos impuxeron, por ser moi limitado e non axustarse á legalidade. Debido a esta denuncia a empresa entrou en razón e podemos de novo entregalos como antes. Por que se empeñan sempre en empeoralo todo?
- Deducións por ausencias: A empresa, como sempre, estabanos ROUBANDO DIñEIRO, cando faltamos un día ao traballo, xustificándoo. Descóntannos case o dobre do que gañariamos vindo traballar (é máis, descontan máis se xustificas a túa ausencia que se te sancionan). Esperemos que tras visita de Inspección, dándonos a razón, por fin deixen de roubarnos.
Como vedes volvemos á vía da denuncia que polo que parece é a única forma que ten esta empresa de aprender a RESPECTAR os nosos DEREITOS.
Animámosvos a todos e todas os/as que vos vexades afectados por calquera práctica abusiva ou discriminatoria por parte destes impresentables A QUE FAGADES O MESMO: DENUNCIADE!!!!
A Coruña a 9 de Outubro de 2009.
Entradas (RSS)