Dende a sección sindical da CIG en Eurocén queremos pedir desculpas ás demáis formacións que compoñen o Comité de Empresa polo mal entendido que houbo respecto da publicación sobor do paro (desconvocado) do pasado martes 4 de novembro. Tivemos un pequeno erro de entendemento entre o redactor do artigo e a persoa que o publicou xa que foi reeditado por este último motivando a frase da discordia.
Outra vez, mil desculpas, e aledámonos moito de que lexades o noso blog.
chúzame -
No Comments »
Queda desconvocado o paro do martes 4. Tras varias reunións mantidas coa empresa nas que se lles esixía uns mínimos con respecto aos erros que vimos percibindo nas nóminas ( puntualidade na entrega do recibo de nómina, ingreso na nómina seguinte das reclamacións feitas, etc), pago da regularización da paga extra, a empresa entrou en razón e concediunos todo o que se lles solicituou.
De tódolos xeitos, comentarvos que ante o mínimo incumprimento da empresa dos acordos acadados voltaremos convocar un paro para que se decaten de que as nosas esixencias están respaldadas por todos vos.
chúzame -
1 Comment »
Logo dos incesantes erros nas nóminas aos que todos estamos obrigados (e acostumados), no mes de outubro caeu a pinga que encheu o vaso. Boa parte dos nosos compañeiros non cobraron a súa nómina e outros cobraron a mínima parte desta.
XA ESTAMOS FARTOS!! Por iso, para este 4 de novembro, o Comité de Empresa convoca, a proposta da CIG (frase da discordia), un paro de 30 minutos tanto na quenda de mañá coma na de tarde nos horarios de 12:00 a 12:30 e de 19:00 a 19:30.
SE QUERES COBRAR BEN O 10 ACUDE AO PARO O DIA 4
chúzame -
No Comments »
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
Con asembleas e concentracións de delegados/as en todas as comarcas manifestou a CIG a súa negativa a que se aproben as modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Modificacións que terán que ser ratificadas polo Parlamento Europeo en decembro, e que foron explicadas polos respectivos secretarios comarcais.
Os cambios que se prevén resúmense basicamente na posibilidade de traballar, como máximo, unha xornada semanal de ata 65 horas, con carácter flexible, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo no ano; no estabelecemento, para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... de que o período inactivo de traballo no que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo ou na relaxación da obriga empresarial de compensar con descansos equivalentes o traballo realizado a maiores da xornada máxima.
En todos os casos salientouse que estas modificacións supoñen unha grave agresión ás condicións de traballo e a perda de dereitos conquistados pola clase traballadora logo de intensas loitas e mobilizacións.
Mobilizacións que seguen a ser, hoxe en día, a única ferramenta para que as traballadoras e traballadores defendan ou reclamen os seus dereitos. Read the rest of this entry »
chúzame -
No Comments »
A CIG di NON á Directiva das 65 horas
A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro,
para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.
O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados
que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:
- Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
- A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
- Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.

No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.
Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.
Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...
Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro, na Coruña farémolo ás 12 diante da Subdelegación do Goberno.
chúzame -
No Comments »
No boletín do mes de setembro (pica aquí para velo en PDF) incluímos un interesante artigo...
EUROCEN 2012
Pensan que non nos decatamos, pero sabemo-lo!! A nosa marabillosa empresa estanos a preparar para as vindeiras olimpiadas!! A preparación está a ser moi dura, queren que todos participemos en tóda-las probas, e queren que melloremos as marcas mundiais, se non quedamos por baixo dos tempos establecidos, sancionarannos!! A preparación comeza a primeira hora do día coa CARREIRA DE OBSTÁCULOS chegar ao traballo, buscar un sitio, desexar que a cadeira este en “bo” estado e senón conseguir que haxa algunha para trocala que esté en boas condicións e agora, aparte de ter que asinar hai que apuntar o sitio onde nos ubicamos... Canso, moi canso e por iso imos ao office a descansar uns intres e atopámonos coa seguinte proba, o SALTO DE VALLAS. Moito OllO coas baldosas, ao ir ao office da 2ª planta e coas esquinas levantadas da moqueta, se non saltas a tempo quedas descalificado ou peor, lesionado. Mira ao chan non vaia a ser que un día destes esnafres toda a cara... Pero vaia, se non fora pouco isto, para que saibamos o que é xogo de equipo xa temos a CARREIRA DE RELEVOS no troco de quenda dispoñemos de tempos mínimos para pasa-lo testigo aos compañeiros da tarde, xa sabedes que outra das penalizacións para estas olimpiadas ven en forma de itinerancia. E con estas presas pensabamos que poderiamos refrescarnos na proba de NATACIÓN. Pero non!! Foi cancelada para compensares eses días nos que as billas dos baños non deixan de botar auga, así que de cando en cando, péchanas. Se non hai auga para lavalas mans, menos para enche-la piscina. Malo será que coas pingueiras do baño, para o 2012, non a reabran.
Son moitas as probas que temos que superar e por iso lémbrannos tódo-los meses que temos que render ao 100% ou como mínimo ao 80,01%, pensan que facendo que levantemo-la man para practicar LANZAMENTO DE PESO imos mellora-lo noso rendemento, pero nas probas máis duras a puntuación é o de menos. Ben o sabe a empresa cando nos entrena na LOITA GRECO-ROMANA día si e día tamén pelexando polos nosos dereitos a base de denuncias e reclamacións, inda que Eurocén é grande non dubidedes en tumbala a pasiños curtos pero continuos coma na MARCHA.
E tamén quererán que sexamo-los campións olimpicos de HALTEROFILIA erguendo esta empresa.
chúzame -
No Comments »
O pasado día 4 de setembro solicitámoslle á dirección da empresa unha reunión (que ao final rematou sendo 3 semanas de negociacións) e conseguindo que a empresa, finalmente recoñecera a fraude na contratación de 19 persoas, e, por conseguinte, que estas persoas pasasen a ter contrato indefinido. Tamén quixémos que lles quedase clara a nosa total disconformidade coa tardanza que estamos a ter para arranxar os erros producidos nas pagas extras afectadas por calqueira tipo de baixa e máis aínda a nosa total repulsa polas absurdas sancións que se están dando en toda a plataforma.
chúzame -
No Comments »
O pasado agosto o Ministro de Sanidade e Consumo anunciaba unha nova lei para o vindeiro mes de outubro que podería considerar a televenda como “spam telefónico”, esta nova lei poría en práctica a directiva comunitaria 2005/29.
O Ministerio cualificou como competencia desleal e como “spam telefónico” as chamadas ofrecendo produtos comerciais non solicitados polos clientes, anunciando posibles medidas legais contra as empresas que realicen a actividade de televenda, cousa que podería afectar ao servizo de "captación" de Eurocen.
Estando de acordo coa necesidade de regular a televenda, entendemos que esta lexislación pode afectar gravemente ao emprego no sector de telemárketing.
Numerosas empresas (de telecomunicacións, banca, seguros, etc.) teñen subcontratado os servizos de atención ao cliente e os servizos de televenda a través de contratas do sector do telemárketing, actualmente aproximadamente 1.000 persoas en Galiza realizan labores de televenda dende os centros de chamadas radicados na comunidade, nomeadamente na Coruña e Vigo
Por outra parte gran parte das chamadas telefónicas ofrecendo produtos de empresas españolas están sendo realizadas dende terceiros países, en especial dende América Latina. En moitos caos as diferenzas horarias estarían detrás dun gran número de chamadas realizadas en horas “intempestivas” polo que as subcontratas de telemárketing deslocalizadas en terceiros países poden ser a principal fonte do denominado “spam telefónico”.
A nova lexislación que o Ministerio de Sanidade e Consumo quere por en marcha só sería de aplicación no territorio do Estado Español, non afectaría polo tanto aos centros de chamadas establecidos en América Latina e que realizan campañas de televenda para empresas españolas. Deste xeito o “spam telefónico” podería continuar dende outros países, contribuíndo a destrución de emprego na Galiza e no resto do Estado, pero sen que a medida protexa de xeito real os dereitos dos consumidores.
Ante esta situación temos solicitado ao Ministerio de Sanidade e Consumo que inclúa á representación sindical nos contactos previos á posta en marcha da nova lei, co fin de que esta afecte na menor medida posible aos postos de traballo e garanta de xeito efectivo os dereitos dos consumidores.
chúzame -
No Comments »
Non entendemos por que, no departamento de carterizados, cando os traballadores teñen que ser amables cos clientes e que éstes estean contentos con movistar, a empresa procura xusto o contrario. Solicitamos á Eurocen que este departamento rotase o día que sae unha hora antes, pero semella que a mala idea e a complicación do asunto impídelles facelo; alo menos conseguímos que respectasen as PVD's que estipula o convenio. Xa se sabe, o que ten cu ten medo, e dende o 23 de xullo xa se comezou a cumprir o que marca a lei.
E falando de lei, o día que un coordinador ou formador de Pemes sexa do agrado da empresa e consolide o posto. Ai! ese día falaremos co Goberno para co faga festivo e o engada a lista dos 14 que temos dereito a desfrutar. Ese día vai ser para montar unha boa festa!!
E por certo, quen a montou boa foi a empresa no departamento de Retención Pemes. Agora xa non teñen tempo para poder codificar as ofertas que lles fan aos clientes para retelos porque teñen que facelo... ¡¡on'line!! (o maldito anglicismo que tanto gusta á Eurocen) a ver quen carallo codifica 10 ofertas para 10 liñas diferentes on'line e por suposto ben clariño e no menor tempo posible. Coma dimos por estas terras "Todo no mesmo saco non colle", pero vaia, as cousas rematarán coma sempre, mal, perxudicando outros departamentos e a movistar pero iso si, o TMO, do mellor.
chúzame -
No Comments »
Hoxe vos pasamos o novo boletín, quedou un pouco desamañado o que repartimos por non decatarnos de mante-las tipografías, pero vaia, o que importa é o contido. Aqui vos queda para que o vexades en version orixinal...
Boletin xullo
chúzame -
No Comments »
|